Creando Educación Social › Foros › Foro Cursos › Curso: Coeducación, desaprender en las aulas › 4. Reflexión › Respuesta a: 4. Reflexión
É a primeira vez que visualizo o vídeo pero a verdade é que é moi forte como as persoas que saen nel, inconscientemente, escollen un xoguete ou outro en función de se é unha nena ou un neno co que van a xogar. Un exemplo persoal que vivín o outro día cun neno de dous anos foi que cando ía xogar con el só tiña xoguetes «para nenos»: camións, coches, e demáis. Nese momento non me decatei de que o rapaz non tiña ningún outro tipo de xoguetes como muñecas, por ejemplo. Ao visualizar o vídeo inconscientemente veume á mente esa escea que no momento non me dei conta.
Paréceme moi forte como aínda a xente segue a criar e a educar aos seus fillos cos estereotipos de xénero, un aspecto no que o profesorado e as educadoras e educadores temos moito que traballar para eliminalos.