Creando Educación Social › Foros › Foro Cursos › Curso: Coeducación, desaprender en las aulas › 1. Presentación › Respuesta a: 1. Presentación
Boas, eu son Melina.
Na actualidade son estudante de Educación Social. Anteriormente obtiven os títulos de técnica superior de Educación Infantil e tamén o de Monitora de Tempo Libre. Ademais, tamén teño títulos de cursos similares a este, pois considero que o feminismo e a coeducación son fundamentais se queremos traballar para construír unha sociedade máis xusta e equitativa para todas e todos.
As dúas actividades que non podería deixar de facer por nada do mundo son pasar tempo cos meus seres queridos e realizar proxectos artísticos no meu tempo libre.
Por último, o meu traballo ideal penso que é dentro da Educación Social; agora que finalicei o primeiro ano do grao véxome cada vez máis convencida e segura da miña vocación que antes de entrar. Aínda non sei en que ámbito concreto, pois todos me chaman a atención; pero, dende lo, o traballo coa infancia e adolescencia é algo co que me sinto cómoda e entusiasmada, e que tamén considero fundamental, posiblemente polas miñas experiencias previas, tanto no ámbito educativo como no laboral, así como por experiencias persoais.